Tamén nos encargamos de realizar desparasitacións en Lugo
O equipo de profesionais que formamos A Piringalla Veterinaria, ademais de administrar vacinas a cans e gatos, tamén nos encargamos de aplicar diferentes tratamentos antiparasitarios. A desparasitación de mascotas é esencial, no solo para eliminar vermes carrachas ou pulgas nos animais, tamén para prever que os animais padezan enfermidades que, despois, poidan transmitir aos humanos.
Os procesos de desparasitacións en Lugo consisten en administrar diferentes medicamentos (en pastillas, pipetas, inxeccións...) deseñados para eliminar a presencia dos distintos parasitos. Dependendo da especie e do tamaño do animal, administrarase unha cantidade ou outra. Dependendo do animal e do parasito que presente, o tratamento tamén varía.
Os nosos profesionais recomendan desparasitar ás mascotas, aproximadamente, cada tres meses. Necesitas desparasitar ao teu can en Lugo? Non sabes como desparasitar ao teu gato? Visítanos no noso centro veterinario.